O Concello de Verín vén de alcanzar un acordo cos representantes dos hostaleiros de Verín para pechar os bares e as terrazas durante un prazo de dez días. O ente municipal abrirá unha liña de axudas para paliar, na medida do posible, os danos ocasionados a estes negocios.
Esta medida, de carácter voluntario, tómase á vista da evolución da pandemia na vila de Verín, que a día de hoxe é de 74 casos activos. Se se fai unha comparación, Verín estaría a roldar os 540 casos por cada 100.000 habitantes. A medida foi sometida a debate polos representantes da hostaleira, que ante a necesidade e pertinencia da medida impulsada dende o Concello de Verín, aprobárona cun amplo consenso.
É necesario matizar que, aínda que os restaurantes permanecerán abertos, as terrazas e os bares dos mesmos estarán pechadas.
Así mesmo, e coa finalidade de minimizar os riscos de contaxio, realizarase un cribado por PCR a todos os traballadores de devanditos establecementos.
Esta medida estará vixente desde mañá martes 13 de outubro, ás 20:00 horas, ata ou vindeiro xoves 22 do mesmo mes.
No pleno ordinario que se celebrará mañá no Concello de Verín darase conta desta nova medida.
|