ACTUALIZACIÓN | A Consellería de Sanidade alivia as restricións en Verín, pasando a nivel 2 Imprimir
Martes, 24 Novembro 2020 22:03

 O comité clínico de expertos que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia acaba de levantar as restricións especiais en Verín.

Isto quere dicir que, a partir do xoves ás 00:00 horas volven a rexer as medidas de nivel 2.



¿Que supón o nivel 2? 

SUPRÍMESE o peche perimetral.


REUNIÓNS limitadas a 6 persoas máximo de persoas non covivientes


AFOROS:  comercios, lugares de culto e restaurantes do 50%.

 

HOSTALERÍA

  • Poderán reabrir o interior dos seus locais, pero co seu aforo á metade, e as terrazas, cun 75 % da súa ocupación.
  • Prohibido consumir nas barras dos bares.

 

VELATORIOS E ENTERROS:

  • Interiores: máximo 10 persoas
  • Exteriores: máximo 25 persoas

 

EVENTOS DEPORTIVOS:

  • Aire libre: ata 150 persoas
  • Espazos cubertos: ata 60.

 

ESPECTÁCULOS, TEATRO E CINE

  • Interiores: ata 60
  • Aire libre: ata 150

 

TOQUE DE QUEDA: entre as 23:00 e as 6:00 horas.

 

Estas medidas publicaranse mañá no Diario Oficial de Galicia, momento no que ampliaremos información.


Agora máis que nunca, dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas. Está nas nosas mans.

#FainoPorTi #fainoportodos


Lembra a norma das 6 M

•          1 Máscara. Uso de máscara todo o tempo posible.

•          2 Mans. Lavado de mans frecuente.

•          3 Metros. Mantemento da distancia física de máis de 1,5 metros.

•          4 Maximizar ventilación e actividades ao aire libre. Manter as xanelas e portas abertas na medida en que sexa seguro e factible segundo a temperatura.

•          5 Minimizar o número de contactos, preferiblemente sempre os mesmos.

•          6 QuédoMe na casa se teño síntomas, diagnóstico ou contacto.