O Concello reabre as instalacións da Piscina Climatizada Municipal de Verín Imprimir
Mércores, 02 Decembro 2020 13:24

 As instalacións da Piscina Climatizada Municipal de Verín xa se encontran abertas ao publico co seu consecuente protocolo sanitario de protección fronte ao covid-19. Entre as medidas figura o control de aforo, a obrigatoriedade de reservar cita previa,  preferentemente por teléfono (988 41 41 84), aínda que tamén se pode realizar presencialmente.


O uso de máscara será obrigatorio en todas as instalacións para persoas maiores de seis anos,. Reforzaranse os labores de limpeza e instalaranse  dosificadores de  hidroxel, marcaxes no chan para delimitar distancias e circulacións, cartelería informativa, así como papeleiras con pedal. Este protocolo estará sometido ás oportunas modificacións de acordo á evolución da pandemia e das disposicións que adopten as autoridades sanitarias pertinentes

O novo horario da instalación será o seguinte:

  • LUNS A VENRES   7.00 h a 13.00 h |16.00 a 22.00 h
  • SÁBADO : 9.00 h a 13.00 h | 16.00 h a 20.00 h
  • DOMINGOS E FESTIVOS PECHADO