AVISO IMPORTANTE: Tramitación durante o mes de decembro da baixa dos servizos da Piscina Climatizada de Verín Imprimir
Xoves, 10 Decembro 2020 14:44

 Desde o Concello de Verín informamos aos socios e socias da Piscina Climatizada de que no caso de querer darse de baixa dos servizos destas instalacións deportivas poden facelo presencialmente na propia piscina ou a través do teléfono 988414184.

En caso de non formalizar a baixa, no vindeiro mes de xaneiro procederase a cobrar automaticamente o recibo correspondente de maneira ordinaria.

É importante destacar que este mes non se cobra a taxa correspondente aos usuarios e usuarias da piscina en compensación ao peche das instalacións efectuado a segunda quincena de marzo decretado polos gobernos autonómico e central.