ACTUALIZACIÓN DE CASOS ACTIVOS DE COVID-19 EN VERÍN Imprimir
Venres, 11 Decembro 2020 14:45

A día de hoxe, venres 11 de decembro, a cifra de casos activos por COVID-19 no Concello de Verín é de 20.

Podes consultar aqui todas as medidas de prevención vixentes no Concello de Verín, decretadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Agora máis que nunca, dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.

?? ESTÁ NAS NOSAS MANS!!!!
#FainoPorTi #fainoportodos
Lembra a norma das 6 M

• 1 Máscara. Uso de máscara todo o tempo posible.
• 2 Mans. Lavado de mans frecuente.
• 3 Metros. Mantemento da distancia física de máis de 1,5 metros.
• 4 Maximizar ventilación e actividades ao aire libre. Manter as xanelas e portas abertas na medida en que sexa seguro e factible segundo a temperatura.
• 5 Minimizar o número de contactos, preferiblemente sempre os mesmos.
• 6 QuédoMe na casa se teño síntomas, diagnóstico ou contacto.