Pleno Extraordinario: 16 de decembro 2020 Imprimir
Mércores, 16 Decembro 2020 13:50

 O salón de plenos do Concello de Verín acolleu hoxe, 16 de decembro, unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

 1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria urxente de data 25/11/2020.

2. Resolución de reclamación efectuada e aprobación definitiva, do recoñecemento extraxudicial 2/2.020, de facturas 2.019, 2.018 e anteriores, e expte. modificación créditos no orzamento 2.020, suplementos crédito e créditos extraordinarios con cargo ao remanente líquido de tesoureira da liquidación do ano 2.019.

3. Adxudicación do contrato de operación de crédito a curto prazo 2/2020: importe: 2.611.342,48 euros.

4. Expediente 2295/2019. cambio nomeamento representante do concello no padroado da fundación para a protección dos discapacitados psíquicos da comarca de Verín.



Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria urxente, o presidente, Gerardo Seoane Fidalgo, someteu votación a aprobación da resolución de reclamación efectuada e aprobación definitiva do recoñecemento extraxudicial de facturas correspondentes aos anos 2019, 2018 e anteriores por importe de 1.773.974,83 euros, así como o levantamento do reparo de intervención para todas estas facturas, por falta de consignación orzamentaria, quedando estes asuntos ratificados por 10 votos (5 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular.

Ademais, neste punto da orde do día aprobouse inicialmente o expediente de modificación de créditos de suplementos de crédito e créditos extraordinarios, con cargo ó remanente Líquido de Tesoureira do ano 2019, polo mesmo importe (1.773.974,83 euros), suplementando partidas de gastos do orzamento do ano 2020, así como creando partidas novas no orzamento de gastos do ano 2020.

Tamén por 10 votos (5 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular foi aprobada a adxudicación do contrato da Operación de Crédito a curto prazo 2/2020, por importe total de 2.611.348,42 euros, a entidade bancaria Caixabank.

Por último, o pleno aprobou por unanimidade o novo representante do Concello no padroado da fundación para a protección dos discapacitados psíquicos da comarc