O Auditorio de Verín acolle a presentación do Conto Activo para nenas e nenos de 6 a 9 años “La clase de 1º y el pirata Kiko” de Isabel Bugallo Imprimir
Xoves, 17 Decembro 2020 12:27

 Este venres 18 de decembro, ás 17:30 horas, terá  lugar no Auditorio de Verín a presentación do Conto Activo escrito pola mestra Isabel Bugallo, que leva por título “La clase de 1º y el pirata Kiko", publicado pola editorial Zies co patrocinio do empresario ourensán asentado en EEUU, Antonio Vázquez.


Isabel Bugallo é actualmente profesora no CEIP Amaro Refojo de Verín.

Este primeiro libro, enfocado a nenas e nenos de 6 a 9 anos, foi editado despois de pasar a “proba do confinamento” poñéndose en práctica coa Clase de 1º do colexio  Irmáns Villar de Ourense.

Foi a súa gran aceptación por parte de péquelos e a gran resposta #ante as actividades que expón o conto o que convenceu a Isabel Bugallo para  maquetalo e envialo a edición coa confianza da Editorial  Zies.

Este conto é un capítulo das nosas vidas e condensa emocións, sentimentos, valores e moita esperanza e confianza. Nel, quen non saiba das vivencias, sentirá polo menos a esencia da amizade e a importancia das familias que sempre estiveron a apoiar e confiando totalmente no labor da mestra.

Con esta obra ponse en marcha a colección de Contos Activos que unen lectura con escritura, debuxo, o discurso e o enxeño. Historias infantís coas que Isabel Bugallo ofrece ás familias e aos educadores, un material didáctico exitoso utilizado durante os meses máis complexos da historia recente.