Plan de Hostalería Segura Imprimir
Sábado, 27 Febreiro 2021 20:04

O Goberno galego publicou este xoves no Diario Oficial de Galicia o Plan de reapertura para unha hosteleria segura na comunidade autónoma de Galicia.

O Plan de hostalaría segura terá a consideración de Plan sanitario para os efectos do previsto no artigo 80 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, polo que as entidades locais, participarán na súa aplicación e cumprimento mediante o exercicio das súas competencias de control sanitario establecidas na lei.




Resumo do Plan:

APERTURA DO LOCAL

Para a apertura do local establécese como obrigatorio o dispor, nun lugar visible do acceso ao local, preferentemente na porta do mesmo, toda a información sobre o aforo segundo o modelo obtido para a súa impresión na páxina: https://coronavirus.sergas.gal/ no formato e tamaño establecidos pola Xunta de Galicia. Será responsabilidade do empresario manter a información actualizada cada vez que se produza un cambio no nivel de restricións aplicables ao local, tanto no aforo interior como no exterior.

Tendo en conta a situación actual e dende a perspectiva sanitaria e de control da transmisión do virus SARS-Cov 2, cada establecemento deberá facer unha declaración responsable do aforo do local.Para esta declaración responsable, o aforo de referencia será o estipulado na licenza municipal.

Mesas e cadeiras

Para facilitar aos usuarios o coñecemento e constatación da porcentaxe de aforo limitado, e para garantir as distancias, tanto no interior como no exterior deberán permanecer montadas as mesas e as cadeiras correspondentes aos aforos permitidos en condicións normais, sendo inutilizadas mediante bandas ou outra sinalización as mesas e cadeiras correspondentes, e repartidas de forma proporcional, para cumprir os aforos máximos permitidos nas condicións actuais.

 

TRAZABILIDADE

Co obxectivo de facilitar este seguimento de contactos ante casos positivos de COVID-19 proponse un sistema de trazabilidade a través dun código QR propio do establecemento. A persoa titular do establecemento obterá este código QR na páxina web: https://coronavirus.sergas.gal/.

A través da aplicación da Xunta de Galicia Passcovid os usuarios do establecemento poderán rexistrar a súa presenza no mesmo mediante a captura do QR o que axudará a detectar posibles concentración de contaxios con maior rapidez.

Para aquelas persoas que non dispoñan da aplicación passcovid o local poderá dispor de QR personalizados para entregar aos usuarios e que permitan a trazabilidade destes en caso de detección de casos positivos.

VERIFICACIÓN E CONTROL

A declaración responsable da persoa titular da actividade poderá ser verificada polos distintos mecanismos de control e inspección establecidos polas autoridades competentes. A tal efecto a persoa responsable do local deberá dispor en formato físico da documentación acreditativa das superficies utilizadas para os cálculos feitos.

As medidas previstas nesta orde terán efectos a partir das 00.00 do 26 de febreiro de 2021. Malia o anterior, as medidas recollidas nos puntos quinto, en canto á obriga de dispor dun cartel, e sétimo, en canto á obriga de obter un código QR ou de dispor dun código QR personalizado, terán efectos a partir das 00.00 horas do día 5 de marzo de 2021, polo que as actuacións de control que con anterioridade se efectúen se limitarán a informar da súa exixibilidade a partir da indicada data, sen que proceda dar inicio a ningún procedemento sancionador por esta causa ata a indicada data.

 

En cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas previstas nesta orde serán obxecto de seguimento e avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria

 

DOCUMENTACIÓN DE INTERESE:

https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/744/Procedemento_declaracion_responsable_aforo.pdf

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210225/2572/AnuncioC3K1-250221-1_es.html

Descargar Prodedemento Declaración responsable