Aberto o prazo para a recepción de curtametraxes de cara á VI edición do FIC Vía XIV de Verín, que se celebrará na segunda semana de setembro por segundo ano consecutivo Imprimir
Luns, 01 Marzo 2021 13:35

 A maxia do cinema volverá a Verín da man dun dos certames culturais máis consolidados na axenda cultural da vila, o Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV. A súa sexta edición está previsto que se celebre nas mesmas datas do ano  pasado, na segunda semana de setembro, “sempre e cando as condicións sociosanitarias así o permitan”, aclara Carlos Montero, director do certame.

Hoxe publícanse as bases desta nova edición na páxina web do FIC (ficviaxiv.com) e ábrese o prazo para que a organización reciba novas candidaturas que, coma é habitual, poderían encadrarse nas catro categorías que compoñen o festival: A Raia, Horizontes, Outra Mirada ou Nova.

Cada curta inscrita antes do 31 de marzo deberá aboar unha cota de inscrición de dous euros; de tres, se se fai antes do 30 de abril; e de catro, se se fai antes do 31 de maio. Esta é a data última na que se poden inscribir os interesados e interesadas en participar cos seus traballos na sexta edición do FIC.

Para a súa preselección, as obras deben subirse no seguinte formato:
MPEG4 AVC (codec H264).
- Taxa máxima de transferencia de bits: 3000 kbps
- Audio: AAC.
- Subtítulos incrustados.
- Resolución mínima: 480 p

Onde inscribirse

A inscrición realizarase no apartado da web ficviaxiv.com/es/inscripción completando todos os campos que se indican, ou ven a través da plataforma Festhome. Para calquera dúbida ao respecto, articulase un correo electrónico ao que dirixirse:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

As curtas, que non poderán superar os 31 minutos de duración, teñen que ter sido realizadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020. Ademais, aquelas que foran filmadas en idiomas diferentes ao castelán ou galego deberán incluir os subtítulos en castelán, galego ou inglés.