Aforo completo nas xornadas “Camiños de coñecemento e experiencia organizadas polo IV ciclo da USC en Verín Imprimir
Xoves, 25 Marzo 2021 14:08

 Esta mañá, deron comezo en Verín -co aforo da sala completo- as xornadas organizadas polo IV Ciclo do Programa Universitario de Maiores da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello.


No acto inaugural, Ana Moure Soengas -docente responsable de impartir o primeiro seminario dedicado á Criminoloxía e a Política Criminal- estivo acompañada pola directora do IV ciclo do Programa Universitario de Maiores da USC, María Esther Olveira, quen quixo agradecer a ao Concello de Verín a súa implicación co proxecto: «grazas por liderar a iniciativa, difundila e facela chegar a toda a cidadanía do municipio».

Devandito programa, que leva por título "Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do Coñecemento”, está dirixido a persoas maiores de 50 anos e distribúese ao longo de tres xornadas nas que se inclúen seminarios sobre temáticas diversas, e sesións prácticas, que serán impartidas por docentes da USC; entre as materias que se abordarán neste ciclo figuran o Dereito e a Criminoloxía a Educación ou Historia e o Patrimonio. As clases  impartiranse no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín. (Rúa Irmáns la Salle).


Programa completo

25/03/2021

11:00-12:30 h

Seminario: Introdución á Criminoloxía e Política Criminal.

16:30-18:00 h

Actividade interactivas de resolución de casos prácticos e análise de “pegadas dactilares”.

Dna. Ana Moure Soengas. Graduada en Ciencias Políticas e Criminoloxía. Docente do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

 

26/03/2021

11:00-12:30

Seminario: Cultura Folclore e educación: Construíndo a Identidade Persoal desde a Tradición.

D. Alexandre Sotelino Losada. Dr. en Ciencias da Educación. Docente do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e no Programa Universitario de maiores, IV Ciclo da USC

16:30-18:00h

Obradoiro A Cociña Musical: O uso dos recursos cotiás na creación artística. Dna. Sandra González Sousa. Monitora e Dinamizadora Cultural.

Dna. Cristina Calle Rodríguez. Monitora e Dinamizadora Cultural.

 

 27/03/2021

11:00-12:30

Seminario: “Das mouras ás mámoas, das mámoas ás pedras sacras, das pedras sacras a troques douro... Do inmaterial ao material do patrimonio cultural de Verín”.

16:30-18:00h

Visita ao Museo Claustro Mercenario.

Dna. Carolina Casal Chico. Dra. en Arte Medieval. Docente do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC