ACTUALIZACIÓN | Novas restricións vixentes en Galicia Imprimir
Sábado, 08 Maio 2021 12:45

A Xunta de Galicia vén de publicar no #DOG a orde oficial que establece as novas restricións fronte á #COVID19.

Comezarán a estar vixentes ás 00:00 horas deste domingo, 9 de maio. No caso da eliminación do toque de queda e as medidas da hostalaría, estarán vixentes desde hoxe, sábado 8 de maio.

Principais medidas vixentes en Verín (Nivel medio: (https://cutt.ly/tbUey8n):

  • Galicia xa NON está pechada perimetralmente.
  • ELIMÍNASE o toque de queda, agás para os concellos en nivel máximo.
  • REUNIÓNS

- Máximo 6 persoas en exterior y 4 en interior.

- Prohibidas as reunións de non conviventes entre a 01:00 e as 06:00 horas. 

  • HOSTALERÍA:

- Os bares poderán pechar ás 23:00 horas e os restaurantes ás 01:00 horas.

- Os aforos mantéñense nun 30% en interior e 50% en exterior. 

  • LUGARES DE CULTO ao 50% do seu aforo.
  • FEIRAS, menos de 150 postos, o 100% do seu aforo.
  • ACTIVIDADES DEPORTIVAS

- En ximnasio e piscinas, ao 30%

- Eventos con público ao 30% do seu aforo cun máximo de 250 persoas en espazos pechados e 500 ao aire libre

- Actividades dirixidas, 4 persoas en interior e 6 en exterior mais monitor. 

  • BIBLIOTECAS ao 30% do seu aforo
  • ACTIVIDADES CULTURAIS, ao 30% do seu aforo cun máximo de 250 persoas en espazos pechados e 500 ao aire libre,

 

? As medidas referentes ao toque de queda e las reunións están pendentes de revisión polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

 - Medidas vixentes ata o 22 de maio.

Podes consultar o DOG ao completo na ligazón ???? https://bit.ly/2Q0jiJN