A Feira de Verín ao 100 % da súa capacidade Imprimir
Luns, 02 Agosto 2021 14:50

 Desde o Concello de Verín infórmase a cidadanía de que a feira ordinaria que se celebrará mañá martes 3 de agosto poderá instalar a totalidade dos seus postos autorizados, como así o especifica a última actualización de medidas fronte ao COVID19 decretadas pola Xunta de Galicia.


Segundo especifica a Consellería de Sanidade na ORDE  do 29 de xullo de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte  á evolución da situación  epidemiolóxica derivada dá COVID-19  na Comunidade Autónoma de Galicia, os mercados e feiras que conten con menos de 150 postos autorizados (como é o caso de Verín), poderán realizarse ao 100 por cento  da súa capacidade.

Protocolo Covid-19

Co obxectivo de garantir as medidas sanitarias de seguridade e separación pola Covid-19, os  postos estarán separados por a correspondente distancia de seguridade o que facilitará aos usuarios e usuarias do mercado respectar a distancia mínima de separación de 1,5 metros entre cada persoa.