O Auditorio de Verín acolle a representación teatral da obra “Feminissimas” da compañía De Ste Xeito Imprimir
Martes, 14 Setembro 2021 17:09

O sábado 18 de setembro, ás 20:30 horas,  a compañía de De Ste  Xeito Producións actuará no Auditorio do Concello de Verín coa súa última peza teatral, titulada  Feminíssimas. unha fantástica comedia coa amizade como fondo e o feminismo como forma.

Feminíssimas, dirixida por Xavier  Castiñeira e interpretada por Noelia Blanco, Esther  F. Carrodeguas e  Stephy  Llaryora, é unha creación colectiva que non che deixará indiferente. Ademais conta co traballo de iluminación de Javier Quintana e a colaboración de José Faro “ Coti” e Beatriz de Vega González.

As entradas xa están dispiñibles a través de ataquilla.com por 5 euros.

Feminissimas

Creación colectiva Un Congreso Feminista na cidade de Vigo.

Tres amigas da adolescencia que hai anos que  non ven.

Tres amigas que teñen 3 maneiras moi distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Este é o punto de partida da creación colectiva na que están a traballar Esther  F: Carrodeguas, Noelia Blanco,  Stephy  Llaryora e Xavier  Castiñeira, tentando meter altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, de nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademais– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

En resumo: unha comedia negra… moi violeta.