Axudas para titulares de transporte da serie VT-N Imprimir
Luns, 16 Xuño 2008 10:31
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda:

- Bases reguladoras para a concesión de subvencións aos titulares de autorización administrativas de transporte da serie VT-N domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia para a instalación de sistemas de seguranza nos seus vehículos.

Esta orde ten como fin dotar de equipamentos de seguimento e outros sistemas de seguranza (anteparos) para vehículos de transporte que dispoñan de autorización administrativa vixente documentada en tarxeta de transportes da serie VT-N expedida pola Dirección Xeral de Transportes.

Os sistemas de seguranza que se van a instalar poderán ser de dúas clases:
- Sistema GPS, instalados nos taxis, mediante o que nunha situación de emerxencia de inseguranza física do taxista se activa un sinal que se recibe no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.
- Anteparo de protección física do conductor do taxi que permita a separación e imposibilite o contacto físico entre o taxista e os ocupantes da parte traseira do vehículo, permitidno a comunicación verbal entre eles.

Devanditos equipamentos poderán acadar unha axuda económica do 50% do seu prezo (sen IVE), incluíndo neste tanto o do propio equipamento como os correspondentes aos gastos de colocación, man de obra, equipamentos adicionais necesarios e verificación do seu funcionamento. Os importes máximos, por equipamento e tarxeta, son de 500 € para o sistema GPS e de 550 € para o anteparo.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 13 de xullo de 2008.


Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.