Celebrando o espírito do Nadal en Verín: Obradoiro temático de elaboración de coroas florais en colaboración coas florerías Locais Imprimir
Luns, 11 Decembro 2023 15:48

O ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes de Verín será o escenario dun novo obradoiro temático de creación de coroas florais de Nadal. O mesmo está organizado polo Concello de Verín, en colaboración coas florerías locais da vila; realizándose esta primeira edición coa Florería Lirios. Será o domingo 17 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas.


Esta iniciativa ten como obxectivo non só celebrar a temporada festiva, senón tamén fomentar a participación activa da comunidade na creación dos seus propios adornos DE NADAL, contribuíndo así á dinamización do comercio local.

Ao longo deste obradoiro temático, os participantes terán a oportunidade de mergullarse no espírito do Nadal mentres crean adornos únicos e especiais. A colaboración coas florerías locais engade un toque auténtico e comunitario a esta experiencia, destacando a importancia de apoiar e promover o comercio local. A inscrición para o evento ten un custo de 20 euros e pode realizarse directamente na propia Floristería Lirios (rúa Deputación, 23. baixo).

Colaboración coas florarías de Verín

Cada ano, este obradoiro correra a cargo dunha das florarías de Verín (sempre que queiran adherirse a esta iniciativa). Deste xeito, todos os negocios florais da vila iránse rotando enriquecendo a calidade do taller e conseguindo unha participación equitativa de todos os comercios florais locais.