‘SOStendo’ no Centro de Interpretación Museística de Verín Imprimir
Luns, 19 Abril 2010 10:45

O Centro de Interpretación Museística de Verín acolle, desde o 19 ao 26 de abril, SOStendo, unha exposición fronte ao cambio climático organizada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en colaboración co Concello de Verín.

SOStendo tamén inclúe a realización dun obradoiro, cuxos obxectivos son: favorecer a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático, promover un cambio de actitudes, hábitos e comportamentos individuais; concienciar aos participantes de que eles poden colaborar na solución, vivencializar os efectos/consecuencias do cambio climático na cotidanidade sensibilizar aos participantes do seu papel no efecto multiplicador da difusión das actitudes no seu entorno máis próximo.

Devandito obradoiro, que terá lugar o 21 de abril de 18 a 20 horas, está dirixido a persoas adultas -sendo a súa estrutura e duración a seguinte: avaliación de coñecementos previos (5’), sensibilización (8’), concienciación (15’), tanxibilización (35’) e da reflexión a acción (55 minutos)- e a rapaces e rapazas entre os 4 e 12 anos -deseñado como unha actividade lúdico-formativa a desenvolver simultáneamente ao obradoiro de adultos, que permitirá estudar o tema de cambio climático dun xeito ameno e distendido, e xunto cos traballos dos adultos formará parte dunha mostra que complementará as exposicións que acompañan a estes obradoiros-.