Constitución da comisión de seguimento do PXOM Imprimir
Venres, 04 Xuño 2010 12:49

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e os restantes portavoces dos grupos políticos que conforman a corporación municipal (PSdeG-PSOE, BNG, VER.IN e ADEI.O) acordaron cos técnicos de Consultora Galega, empresa encargada de redactar o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a constitución da comisión de seguimento.

Esta comisión reunirase todos os xoves, de 13 a 15 horas, co equipo redactor co obxecto de seguir traballando no documento e solventar todas as cuestións urbanísticas expostas polos diferentes partidos políticos.

Por outra banda, ata o 5 de xullo de 2010 continúa exposto o novo PXOM na Consistorial e na web do Concello de Verín  (www.verin.es). Para obter información e aclaracións do mesmo, durante o tempo de exposición, técnicos do Concello e do equipo redactor atenderán aos/ás cidadáns nas oficinas municipais nos seguintes horarios: luns, mércores e venres -de 10 a 14 horas-, martes e xoves -de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas-. Aqueles/as veciños/as que queiran consultar cos técnicos e equipo redactor deberán pedir cita previa do seguinte modo: nas oficinas do 2º andar da casa consistorial, telefónicamente (988-410000, 988-410001, 608-520122 e 609-152208) ou a través de Internet (web do Concello de Verín).

As suxestións ou alegacións poden presentarse presencialmente -nas oficinas do concello (o modelo pode descargarse na web ou o ben obtelo nas dependencias municipais)- ou telemáticamente a través de Internet -o trámite específico atópase na Oficina Virtual da web, pero para esta xestión debe contarse co DNI electrónico-. En ambos casos debese aportar un plano de situación, no que apareza marcada claramente a zona a que fai referencia a suxestión ou reclamación.