Pinturas de Alfredo Cabeleira Imprimir
Luns, 28 Xuño 2010 11:04

Desde mañá 29 de xuño ata o 15 de xullo, a Casa do Escudo de Verín acollerá a exposición Pinturas do artista luso Alfredo Cabeleira.

A mostra está conformada por 25 obras en óleo sobre lenzo e acrílico, que recollen paisaxes do mundo rural. Esta exposición xa percorreu as cidades portuguesas de Mirandela, Viseu e Bragança; así como Puebla de Sanabria (Zamora), Xinzo de Limia e Ourense.

Alfredo Cabeleira  (Castelões – Chaves) formouse no Instituto Parramon (Barcelona). No ano 1994, co apoio da Câmara Municipal de Montalegre, fundou a Escola Grafiti de Iniciativa á Pintura, onde tamén exerce a docencia no ámbito do Deseño Artístico. Dous anos despois recibiu o premio de Pintura Flaviense 96 e o diploma de Mérito Artístico Podium 96. Membro da Sociedade Nacional de Belas Artes, e socio fundador da Associação “Amigos das Artes de Trás-os-Montes e Alto Douro” e de Tamagani- Associação de Artistas Plásticos do Alto Tâmega e Val de Monterrei.

A exposición poderase visitar de luns a xoves (das 10 ás 15 horas e das 16.30 ás 21.30 horas), venres e sábados (das 10 ás 15 horas e das 16.30 ás 20.30 horas) e domingos (de 12 a 15 horas).