Últimas prazas para o Maratón Fútbol-Sala ‘Vila de Verín’ Imprimir
Martes, 06 Xullo 2010 11:53

O vindeiro 16 de xullo, ás 14 horas, conclúe o prazo de inscrición para participar na cuarta edición do Maratón Fútbol-Sala ‘Vila de Verín’, organizado pola área de Deportes, Mocidade e Festexos do Concello de Verín.

Ata o momento xa se cubriron dezasete prazas das 21 existentes. A inscrición debe realizarse na sucursal Caja Rural de Zamora (Verín), abonando unha cota de 150 euros por equipo.

Os partidos, que se disputarán no Pavillón Municipal de Deportes e na área deportiva de A Granxa, terán lugar os días 17 e 18 de xullo en Verín. E os premios aos que optarán os equipos participantes son os seguintes:

- 1º clasificado (2.500 €  máis trofeo),
- 2º clasificado (1.000 €  máis trofeo),
- 3º e 4º clasificado (300 €  máis trofeo).
- 1º equipo local (500 €  máis trofeo),
- 2º equipo local (200 € máis trofeo).
- Trofeo ao mellor porteiro e xogador.