Pavimentación das rúas Laureano Peláez, Espido, Elle e Galicia Imprimir
Xoves, 19 Agosto 2010 12:48

A partir desta tarde, o Concello de Verín iniciará as obras de pavimentación das rúas Laureano Peláez, Espido, Elle e Galicia, cuxo orzamento ascende 279.535, 54 euros.

“Trátase dunhas obras de asfaltado moi necesarias xa que o pavimento se atopaba moi deteriorado”, asegura o rexedor Juan Manuel Jiménez Morán, “e realízanse a partir desta semana, cando se reduciu o número de persoas na vila, para evitar molestias de circulación aos visitantes e verineses”.

Por este motivo, dende o Concello de Verín “pedimos desculpas polas molestias que  poidan ocasionar o tránsito de maquinaria nestes viarios e nas rúas anexas, pero son unhas obras que mellorarán a calidade dos mesmos”, conclúe o alcalde.