Presentación dos representantes do Fórum Galaico-Transmontano Imprimir
Venres, 04 Febreiro 2011 12:46

A Casa da Cultura acollerá mañá 5 de febreiro, ás 17 horas, a presentación pública dos representantes do Fórum Galaico-Transmontano: Círculo de Estudos e Divulgação.


Esta dirección actual está constituída por: José Fernando Rua de Castro (presidente), Luís Dias de Carvalho (vicepresidente), Agostinho Paulo Mesquita Lage (secretario), João Miguel Fernandes Fonseca (tesoureiro), Maria Cortinhas Miranda Teixeira (vogal) e Benjamim da Costa Fernandes (vogal substituto).

A mesma, conformada polos socios fundadores e considerando que a cultura non ten fronteiras, decidiu apoiar o proxecto da Eurocidade Chaves-Verín. Por este motivo, co obxectivo de seguir traballando na promoción e divulgación do patrimonio cultural, interdisciplinar e natura de Tras-os-Montes, Alto Douro e Galiza, ampliou a súa directiva coa entrada na mesma do historiador verinense Federico Justo Méndez, como delegado en Galicia.

Por outra banda, o vindeiro sábado 19 de febreiro, tamén na Casa da Cultura, e ás 17 horas, terá lugar a tertulia ‘Tradicións do Entroido”, organizada por o Fórum Galaico-Transmontano e a Asociación O Cigarrón de Verín.