Clases de capoeira en Verín Imprimir
Luns, 07 Febreiro 2011 12:26

A área de Deportes, Mocidade e Festexos do Concello de Verín asinou un convenio co grupo Arte Nossa Capoeira de Chaves para impartir clases de capoeira nas instalacións deportivas municipais de Verín.

Devanditas clases, que se impartirán ata o verán, serán gratuítas no mes de febreiro, e ás mesmas poden acudir todos/as interesados/as para iniciarse neste modelo de danza brasileira. Os horario das mesmas son: mércores, de 18.45 a 19.45 horas, no ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes (para nenos/as de 5 a 14 anos) e mércores, de 21.45 a 22.45 horas, na sala de aeróbic da Piscina Climatizada (maiores de 15 anos).

Esta práctica deportiva estará impartida por monitores especializados, desde o nivel de iniciación e para calquera idade e condición física.

As clases comezarán o vindeiro mércores 9 de febreiro e as persoas interesadas poden asistir sen inscrición previa.