‘Clásicos Disney’ na Biblioteca Pública Municipal de Verín Imprimir
Luns, 07 Febreiro 2011 12:26

O próximo sábado 12 de febreiro, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a iniciativa ‘Clásicos de Disney’, enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación verinense.

Contacontos e manualidades coa temática dos contos da factoría Disney, conformarán as actuacións principais desta actividade, destinada a vinte nenos/as socios/as, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e realizadas por voluntarios e persoal da mesma.

Para participar nesta iniciativa é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776.

Por outra banda, o mércores 9 de febreiro, ás 19.30 horas, terá lugar unha nova reunión do Club de Lectura na Biblioteca, na que se analizará a obra ‘La sombra del viento’ de Carlos Ruiz Zafón.