Actividades educativas para Preescolar na Casa na Biblioteca de Verín Imprimir
Xoves, 10 Febreiro 2011 11:46

Ata o 23 de maio, a Fundación Preescolar na Casa e a Biblioteca Pública Municipal de Verín programan actividades conxuntas, de carácter educativo, cultural e lúdica para nenos/as da localidade.

As mesmas destinadas a menores, con idades comprendidas entre un e tres anos, teñen como obxectivo a toma de contacto coa lectura e coa instalación municipal, a través da realización de iniciativas adaptadas a súa idade como contos, xogos populares ou cancións, entre outras.

A estas iniciativas acoden un total de 15 nenos/as, acompañados dos seus pais ou nais, un día a semana, de 11 a 13 horas.