Domingo de Piñata Imprimir
Luns, 14 Marzo 2011 12:43

A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido 2011. Durante o acto tivo lugar un almorzo nun restaurante da vila, o reparto das placas conmemorativas para premiar a participación de comparsas e carrozas, e a entrega dos seguintes galardóns -por parte de Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín, Víctor Manuel Baladrón Lamas, concelleiro de Festexos, e os membros da Comisión-:

- Cigarrón de Honra: José Manuel González Carnero 'Checa'

- A mellor comparsa: Antoxo

- A mellor carroza: Los Chipirones

- O “Pescadilla”:  Os Felipes

- Fidelidade:  Roberto Rodríguez Delgado