Manualidades e contacontos, na Biblioteca Pública Municipal de Verín, para os alumnos do CEIP Princesa de España Imprimir
Venres, 18 Marzo 2011 10:26

Nas xornadas do 22 e 23 de marzo, os/as nenos/as do CEIP Princesa de España de Verín asistirán a sesións de manualidades e contacontos na Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Máis de cen alumnos/as deste centro escolar da vila acudirán a estas instalacións municipais para coñecer o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas elas destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as do municipio, dinamizar a biblioteca e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

Esta visita constitúe a terceira destas características, organizada pola Biblioteca de Verín, xa que no pasado ano acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei e Colexio María Inmaculada.