Día Internacional do Libro Infantil na Biblioteca de Verín Imprimir
Luns, 28 Marzo 2011 12:13

Con motivo do día Internacional do Libro Infantil, a Biblioteca de Verín programa para o vindeiro 1 de abril, de 18 a 19.30 horas, unha actividade de contacontos e manualidades da man de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).

Esta actividade está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Estará coordinada e realizada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall