Intercambio IES García Barbón e Escola Dr. Julio Martins no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín Imprimir
Venres, 27 Maio 2011 12:01

O vindeiro luns 30 de maio, no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín, terá lugar un intercambio educativo entre o IES García Barbón e a Escola Dr. Julio Martins.

A partir das 9.50 horas, terá lugar a benvida por parte da dirección no salón de actos do IES García Barbón. Posteriormente presentarase o novo currículum de Xestión Administrativa en Galicia, programas europeos, slide-show sobre a visita previa a Chaves e intervención dun representante da Eurocidade en Verín.

Tras un coffee-break no centro, a partir das 11.30 horas visita guiada por quendas ás instalacións de Cabreiroá e xantar no piñeiral de Cabreiroá. Con posterioridade baixada a Verín e tempo de lecer, ás 16 horas visita ao Centro de Interpretación Museística de Verín e Casa do Escudo.

Esta actividade está organizada polos dous centros educativos de Verín e Chaves, e conta coa colaboración da Eurocidade.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).