Intercambio entre alumnos no ámbito da Eurocidade Imprimir
Martes, 31 Maio 2011 13:02

O pasado 30 de maio, realizouse un intercambio educativo entre os alumnos do IES García Barbón (Verín) e a Escola de Secundaria Dr. Júlio Martins (Chaves).

Ás 9.50 horas, tivo lugar a benvida por parte da dirección no salón de actos do IES García Barbón. Posteriormente presentouse o novo currículum de Xestión Administrativa en Galicia, programas europeos, un slide-show sobre a visita previa a Chaves e intervención dun representante da Eurocidade en Verín.

Tras un coffee-break no centro, tivo lugar unha visita guiada ás instalacións de Cabreiroá e xantar no contorno deste manancial. Despois retorno a Verín, visita ao Centro de Interpretación Museística de Verín e Casa do Escudo.

Esta actividade foi organizada polos dous centros educativos de Verín e Chaves, e conta coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).