A Eurocidade Chaves-Verín presente no Congreso 'Fronteiras Ibéricas' da UCM Imprimir
Mércores, 30 Marzo 2011 13:18

Durante os días 31 de marzo e 1 de abril, a Faculdade de Ciencias Políticas e Sociología da Universidade Complutense de Madrid, acolle a realización do Congreso ‘Fronteiras Ibéricas’ no que se presentará un póster científico da Eurocidade Chaves-Verín.

O poster, que debuxa as principais áreas de actuación do proxecto, será presentado co obxectivo de situarse neste foro como un caso de éxito e boas practicas no contexto da integración europea de segundo grao que se está xestando en Europa.
Este foro reunirá a un grupo de expertos internacionais, integrado por antropólogos, geógrafos e politólogos en torno ao proxecto “O discurso geopolítico sobre as fronteiras na construción das identidades nacionais: o caso da fronteira hispano-portuguesa nos séculos XIX e XX”, financiado pola convocatoria I + D do Ministerio de Educación. O obxectivo do encontro é abrir unha linea de colaboración e debate con outros investigadores das fronteiras ibéricas e é por iso que o equipo de investigadores da Eurocidade puxo a disposición da organización un abstract da realidade transfronteiriza Chaves-Verín, un laboratorio de ideas onde se investigan formas de compartir e achegar servizos aos cidadáns que permitan seguir aumentando a calidade de vida na fronteira.
O proxecto Eurocidade aprobado no 2009 e revalidado no seu 2ª fase recentemente pola Comisión Europea baixo o marco do POCTEP ten a vontade de seguir mantendo o liderado da cooperación local a todos os niveis e implicar a todo o tecido social e empresarial para reforzar a cohesión de todos os sectores, especialmente nun momento de crise económica como o que vivimos. Seguiremos pondo o noso granito de area na construción de Europa estando á vangarda das eurociudades europeas en proxectos innovadores e en converxencia institucional, social e cultural.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).