Máis de 400 nenos verinenses e flavienses participan no programa ‘Convive coas Linguas 2011’ Imprimir
Venres, 24 Xuño 2011 10:55

A Eurocidade Chaves Verín promove, por cuarto ano consecutivo, o programa ‘Convive coas Linguas’. Unha iniciativa entre os dous municipios transfronteirizos mediante a que, a través da realización de actividades lúdicas e educativas, se fomenta o aprendizaxe do castelán, galego e portugués; así como a convivencia entre máis de 400 nenos/as de Verín e Chaves, con idades comprendidas entre os 7 e 14 anos.

Tenis, Fútbol-Sala, Fútbol-7, Pádel, Baloncesto, visitas a parques botánicos, golf, cine, piscina, música ou xogos de praia son algunhas das actividades previstas para os/as nenos/as no programa 'Convive coas Linguas'. Estas actividades terán lugar desde o 4 de xullo ao 31 de agosto, en horario de 10 a 13.30 (hora local) os luns e xoves -xornadas nas que os/as nenos/as de Chaves acoden a Verín- e de 9 a 13 (hora local) os martes e venres -os/as nenos/as de Verín desprázanse a Chaves-. Os días 25 de xullo e 15 de agosto (festivos en Verín) e o 8 de xullo (non laboral en Chaves) no se realizará ningunha das actividades previstas neste programa.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).