Resultados do Maratón Fútbol – Sala 'Vila de Verín' Imprimir
Martes, 19 Xullo 2011 13:09

O pasado fin de semana tivo lugar unha nova edición do Maratón Fútbol - Sala 'Vila de Verín', organizado pola área de Deportes, Mocidade e Festexos do Concello de Verín coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín, e no que participaron 18 equipos distribuídos en grupos de tres, dez dos cales contaban con xogadores pertencentes a Eurocidade Chaves-Verín.

Os partidos xogáronse na primeira fase no Complexo Deportivo A Granxa e no Pavillón Municipal de Deportes de Verín. A partir da 2ª fase o lugar elixido foi o Pavillón de Deportes Municipal, onde na tarde do domingo de disputou a final entre o Bar San Francisco e o Sernocaixiheirias obténdose a seguinte clasificación final:

- 1º Clasificado: Bar San Francisco.
- 2º Clasificado: Sernocaixiheirias
- 3º Clasificado: Saudeter
- 4º Clasificado: Os Alijados

Por primeira vez, outorgáronse os premios da Eurocidade Chaves-Verín que como requisito esixía aos equipos contar como mínimo con cinco xogadores pertencentes ao Concello de Verín ou ao Municipio de Chaves acreditando a súa residencia na Eurocidade e cos seguintes resultados:
- 1º Clasificado Eurocidade: Canasta-Meigallo-Mesón Erosa
- 2º Clasificado Eurocidade: Gasolinera de Feces

Na categoría de máximo goleador e mellor porteiro os premiados foron: Davide de Bar San Francisco (Máximo Goleador) e Fran de Saudeter (Mellor Porteiro). Os premios foron entregados polo alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán en representación da Eurocidade Chaves-Verín e o concelleiro de Cultura, Xuventude e Deporte, Víctor Manuel Lamas Baladrón.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).