Expectación pola Eurocidade Chaves - Verín nos Open Days 2008 Imprimir
Mércores, 13 Agosto 2008 17:08

A experiencia da Eurocidade Chaves-Verín está a recibir moita expectación entre os asistentes á Semana Europea da Rexións OPEN DAYS 2008, que terá lugar en Bruselas entre o 6 e o 9 de outubro, e no que participarán milleiros de expertos e representantes de organismos públicos e privados de toda Europa.

Un total de 145 seminarios “workshops” compoñen a oferta dos Open Days. As inscricións abriron hai xa unas semanas e, entre os tres primeiros a cerrar por chegar ao límite máximo de inscritos está o que terá como protagonistas aos alcades de Verín e Chaves, Juan Manuel Jiménez Morán e João Gonçalves Martins Batista, respectivamente.
O Eixo Altántico, impulsor de tres seminarios relacionados coa cooperación transfronteiriza -nas súas vertentes de planificación, o día a día do cidadán e novas estrutucturas administrativas para a sua articulación-, está de noraboa, porque a data de hoxe, dous de eses tres seminarios están xa cheos e non admiten máis inscricións. Entre os ponentes nos mesmos figuran, entre outros: o conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia e actual presidente do Grupo de Traballo da Eurocidade, Xosé Luis Méndez Romeu; Nuno Almeida, do CCDR-N; Xoan Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico; o Secretario Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Julio César Fernández Mato e Luis Domínguez Castro, responsable da elaboración da Axenda Estratéxica da Eurocidade -presentada no pasado mes de xullo-.