Os municipios de Chaves e Verín presentan catro candidaturas á nova convocatoria do POCTEP Imprimir
Luns, 12 Xullo 2010 16:19

No ámbito da Eurocidade, os municipios de Chaves e Verín presentaron catro candidaturas conxuntas á nova convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) para os anos 2011-2012, co obxectivo de consolidar esta área como un espazo común de servizos, oferta cultural, de lecer e negocio, reforzando a calidade de vida dos veciños e veciñas, a mentalidade do cidadán e fixando a poboación.


As catro candidaturas presentadas son as seguintes:

1. Eurocidade II busca dar continuidade ao proxecto en curso actualmente, e aprobado na primeira convocatoria do POCTEP. Un obxectivo que se enmarca no desenvolvemento de catro liñas de traballo: posta en marcha da Eurocidade Chaves – Verín AECT (inclúese o funcionamento operativo e institucional da Eurocidade  Chaves – Verín e dos seus órganos, do Portelo da Eurocidade para atender ao cidadán sobre as actividades realizadas no ámbito deste territorio e unha unidade de publicacións sobre a mesma), potenciamento da Eurocidadanía (establécese a organización de servizos públicos transfronteirizos -mediante a realización dun plan de actuación conxunta sobre a saúde e a tarxeta do eurocidadán, cuxo lanzamento se realizará este ano, e que permitirá ofertar equipamento e servizos públicos transfronteirizos que impulsen o sentimento de pertenenza a un territorio común-, formación da Eurocidadanía -con xornadas informativas nos centros educativos e a realización de accións destinadas á infancia como Día Mundial da Infancia, Forum da Educación, Convive coas Linguas, Maios na Fronteira, Semana da Educación e Seguridade Viaria ou Xornadas de Lectura Infantil, entre outras- e a posta en marcha da Oficina Transfronteiriza da Mocidade e do Local de Ensaios Transfronteirizos coa participación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude), organización conxunta de eventos culturais e deportivosdinamización económica da Eurocidade (establece un plan de desenvolvemento do turismo -centralizado en temas de saúde e benestar-, potenciamento das rutas turísticas e a promoción da Fronteira Comercial Aberta –co fin de desenvolver iniciativas de fomento dos centros de comercio tradicional, cara a renovación do mesmo e animación das zonas comerciais-).

2. Proxecto de Ciclovía da Eurocidade Chaves-Verín, tamén presentado ao  Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, e destinado á creación dunha rede de circuítos de ciclovía nas marxes do río Támega, que une as dúas localidades, que permitirá o impulso dos seguintes obxectivos específicos: fomento do uso da bicicleta como medio de transporte, conservación e valorización do patrimonio natural asociado ao río Támega, potenciación de actividades ligadas ao turismo de natureza, ou xestión e ordenación coordinada del curso fluvial do río Támega y do embalse transfronteirizo de Vila Verde da Raia, entre outras.

3. Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga, que conta colaboración da Deputación de Ourense, Secretaría Xeral para o Turismo e Turismo do Porto e Norte de Portugal, Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica e Asociación de Termas de Portugal. Este proxecto ten como obxectivo a construción e posta en funcionamento do Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga Transfronteirizo, conformado por unha Escola Hostaleira Termal (Verín) e un Balneario-Escola e Laboratorio de Investigacións Termais e da Auga (Chaves). Unha acción destinada ao desenvolvemento da formación de calidade, investigación e promoción como destino de saúde e benestar de Galicia-Norte de Portugal, para lograr a consolidación do Clúster da Auga.

4. Red Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET), coa participación de Triángulo Urbano Ibérico Rayano, Asociación Ibérico de Municipios Ribereños del Duero, Eixo Atlántico del Noroeste Peninsular y Diputación de Salamanca. O fin último deste proxecto é apoiar a posta en marcha e consolidación dunha rede de entidades transfronteirizas en toda a fronteira luso-española, que permita a obtención de sinerxias, o intercambio de boas prácticas, análise prospectivo e maior visibilidade. As tres principias accións do proxecto consiste crear un Observatorio de Fronteira -situado en Cáceres e Portalegre-, un Servizo de Estudos -con sede en Salamanca- e constituír un Centro de Documentación Transfronteirizo na Eurocidade Chaves-Verín.
(aséntase na cooperación das entidades para crear unha oferta conxunta que promocione os eventos deportivos e culturais de ambos municipios, como por exemplo Festival enFado Eurocidade, Eurocidade Folk - Xornadas Luso Galaicas de Folclore, Maratón de Fútbol Praia da Eurocidade, Semana de Deporte e Saúde da Eurocidade ou Sendeirismo transfronteirizo),