Máis de 250 nenos de Verín e Chaves participan no programa ‘Convive coas Linguas 2010’ Imprimir
Xoves, 15 Xullo 2010 12:09

A Eurocidade Chaves Verín organiza, por terceiro ano consecutivo, o programa ‘Convive coas Linguas’. Unha iniciativa entre os dous municipios transfronteirizos que se asenta na realización de actividades lúdico-formativas que fomenten a aprendizaxe do castelán e o portugués e a convivencia entre 260 nenos/as de Verín e Chaves, con idades comprendidas entre os 4 e 14 anos.

Hípica, visitas a parques botánicos, bibliopiscina ou actividades deportivas como tenis, fútbol e baloncesto son algunhas das actuacións previstas no programa ‘Convive coas Linguas’.

Devanditas actividades desenvolveranse, durante o 19 de xullo ao 13 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 os luns e xoves -xornadas nas que os/as nenos/as de Chaves acoden a Verín-, e martes e venres -os/as nenos/as de Verín desprázanse a Chaves-.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).