Plan Xitano: Inserción Socio-Laboral Imprimir

PROXECTO DE INSERCIÓN SOCIO-LABORAL


OBXECTIVOS:

Adquirir unha formación laboral que lles permita a súa inserción laboral.
Integrar á poboación no mundo laboral, co fín de erradicar actividades marxinais.
Conseguir a plena integración deste colectivo na vida social a través dun trabajo digno.
Adaptar os programas formativos ás características socioculturais das persoas xitanas.

ACTIVIDADES:

  • Curso de Peluquería
  • Obtención do permiso de conducir

Curso de Perruquería

Este ano intentamos centrar as actividades formativas dirixidas ás mulleres cara outros campos laborais, como é neste caso o da perruquería. Na nosa zona existen moitos locais adicados a este servizo, polo que sería unha actividade interesante á hora de procurar emprego. Ademáis, con este curso queremos inculcar hábitos de hixiene ás mulleres para que podan levalos a cabo nos seus propios fogares; limpeza do cabelo, coidados básicos, cómo tratar certas enfermidades (piollos, eccemas,etc)

Obtención do permiso de conducir.

Nestos momentos a posesión do carné de conducir faise indispensable para a procura de cualquera emprego, tanto para homes como para mulleres. Moitas son as persoas da nosa comunidade que carecen del e que teñen dificuldades para obtelo debido á falta de recursos económicos.
Por iso, con esta actividade queremos darlle igualdade de oportunidades a esta población, xa que debido á falta de recursos económicos non o poden conseguir, sobre todo, as mulleres, que ata este momento se encontran relegadas a un segundo plano para poder traballar fóra da casa e son escasas as que posúen o cané de conducir. A estas mulleres as actividades que lles encomenda a súa familia son o coidado da mesma e estar no posto nas feiras, sen capacidade de decisión sobre a actividade laboral fóra da casa. Con esta actividade pretendemos que esta cuestión mude.

BENEFICIARIOS:

Poderán beneficiarse deste proxecto a población xitana comprendida entre os 16 e os 65 anos de idade, que se encontren en situación de desemprego (menos para o carné de conducir que será de 18 a 65 anos de idade)

TEMPORALIDADE:

Prevése como duración para cada un dos cursos catro meses.