Tramitación do Carné de Albeguista Imprimir
O alberguismo é un xeito de facer turismo activo, cultural, deportivo e sobre todo de confraternización con outros/as mozos/as do mundo e persoas de máis idade.

Para poder acceder aos albergues necesitas ter o carné de alberguista, e con el poderás escoller entre os máis de 4.500 que forman parte de "HOSTELLING INTERNATIONAL" e que están espallados por máis de 80 países do mundo.

Un albergue xuvenil non é un hotel, nin a infraestrutura nin os prezos nin a filosofía é a mesma. O espírito alberguista consiste en potenciar a convivencia entre mozos e mozas de distintas razas, credos ou ideoloxías de xeito que a permanencia no albergue contribúa á formación en valores do/a alberguista.

CARNÉS DE ALBERGUISTA


Os seus prezos son moi accesibles en xeral e atoparalos tanto en cidades como preto do mar ou na montaña. Cando fagas o carné daranche con el unha guía de albergues de España (232 albergues no 2007) e se queres unha de todo o mundo tes que comprala (11 €).


Hai varios tipos de carnés de alberguista:

- Carné de alberguista xove (14 a 30 anos): 5 €

- Carné de alberguista adulto (+ de 30 anos): 12 €

- Carné de alberguista grupo (<30 anos, mínimo 10 persoas): 15 €

- Carné de alberguista familiar (pais + fillos menores de 14 anos): 24 €


A validez dos carnés é de 1 ano a partir da data de expedición.

ONDE PODES FACER O CARNÉ DE ALBERGUISTA:

  • OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL DE VERÍN - PZA DO CONCELLO 32600 VERÍN - Tel.: 988414776 - Fax: 988411900 - Horario de 9 a 14 h.
  • SERVIZO DE XUVENTUDE - AVDA. DA HABANA, 81, BAIXO - 32004 OURENSE - Tel.: 988386118 - Fax: 988386119 - Horario de 9 a 14 h.

ENLACE DE INTERES:

Rede Española de Albergues Xuvenis:
http://www.reaj.com/index_ga.html