O Servizo de conciliación “Érguete” comeza mañá no CEIP Princesa de España de Verín Imprimir
Mércores, 30 Setembro 2020 10:47

 O servizo “ÉRGUETE” do Concello de Verín, que se oferta dende mañá  1 de outubro,  desenrolarase dende inicio de curso escolar ata o remate do mesmo no mes de xuño no CEIP Princesa de España de Verín.

É un programa de conciliación que ten por finalidade que os menores estean atendidos por coidadores profesionais no espazo temporal que transcorre dende que as nais e os pais comezan a súa xornada laboral, ata o comezo do horario escolar por parte dos menores.

Devandita iniciativa persigue a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias dos nenos e nenas adscritos a este centro educativo, xa quen en moitos casos non poderían acudir o seu posto de traballo o non ter outro recurso que poidan cubrir dita necesidade.

As persoas interesadas en inscribirse neste servicio poden facelo na conserxería da Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11 Bis, Verín).

Máis información: 988414776  – Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo