Imprimir

Voltar

Solicitude de Información Xurídica en Materia de Estranxería

Mediante esta solicitude poderá recibir información sobre dereito de estranxería relacionada con trámites tales como:

- Regularización en xeral (autorización de residencia, residencia e traballo, autorización de residencia por circunstancias excepcionais, etc)

- Renovación de autorizacións de residencia e de residencia e traballo.

- Visados.

- Tarxeta de estudante e traballo dos estudantes estranxeiros.

- Asistencia sanitaria dos estranxeiros en situación regular e irregular.

- Nacionalidade: Adquisición de nacionalidade española, pérdida e recuperación, dobre nacionalidade.

- Legalización de documentos estranxeiros.

- Homologación de títulos estranxeiros e convalidación do permiso de conducir.

- Réximen comunitario.

- Infraccións e Sancións: Procedemento de expulsión, devolución, etc

- Asistencia xurídica gratuíta.

- Información legal familiar.

- Prórroga de estancia e autorizacións de regreso.

- Calquera outra cuestión que se poida suscitar en torno a esta materia

A quen está dirixido

Estranxeiros/as empadroados/as no Concello de Verín.

Como facelo

Por Internet

Pode solicitar a cita a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante para manter unha entrevista co/a avogado/a da Oficina.

Presencialmente

Solicitude de cita á Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante para manter unha entrevista co/a avogado/a da Oficina.

Por teléfono

Solicitude cita: 988.41.47.76

Oficinas

  • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados
  • Avda. de Portugal (Casa da Xuventude)
    Teléfono: 988 41 14 76
    Fax: 988.41.22.59
    Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

    Horario:

    De 9:30 a 14 horas de luns a xoves.

    De 16:00 a 18:00 Martes e Xoves.

    Avogada. Venres de 16:00 a 20:00