Imprimir

Voltar

Informe Social para acceso ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España da O.I.M.

Emisión de Informe Social con valoración favorable para acollerse ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España (PREVIE) da O.I.M. (Organización Internacional para as Migracións).


A quen está dirixido

Estranxeiros empadroados en Verin cunha estancia mínima e continuada de 6 meses cuxo proceso migratorio fracase e desexen retornar ao seu país, que non sexan nacionais intracomunitarios, de países candidatos á UE, de países en conflito, nin da cuenca mediterránea (Mauritania, Marruecos, Túnez, Argelia, Libia).

Como facelo

Presencialmente

1. Solicitude de cita co/a técnico/a da Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados para manter unha entrevista.

2. Entrevista co/a técnico/a social na que quedará aclarada a situación socio-económica e o cumprimento dos requisitos marcados pola O.I.M. para o acceso ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España.

3. Se se cumpren os requisitos cubrirase o cuestionario de solicitude de acceso ao PREVIE en modelo oficial da O.I.M. e solicitude de Informe Social ao Concello de Verín.

Por teléfono

Solicitude de cita nos teléfonos: 988 41 47 76

Documentación requirida

  • Pasaporte (en vigor.)
  • Autorización de Residencia e Traballo (se se posee.)
  • Documentación Complementaria
    Todo tipo de documentación que acredite a situación socio-económica do/a solicitante.

Oficinas

  • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados
  • Avda. de Portugal (Casa da Xuventude)
    Teléfono: 988 41 14 76
    Fax: 986 41 19 00
    Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

    Horario:

    De 9:30 a 14 horas de luns a xoves.

    De 16:00 a 18:00 Martes e Xoves.