Torneo Fútbol-Sala Sub-18 en Verín |
|
Xoves, 25 Agosto 2011 11:48 |
Durante os días 26 e 27 de agosto, o complexo deportivo A Granxa de Verín acollerá un Torneo de Fútbol-Sala Sub-18, que conta coa colaboración da área de Festexos, Mocidade e Deportes do Concello de Verín.
Os premios aos que optan os equipos participantes, conformados por menores de 18 anos, son os seguintes: - 1º clasificado (500 € máis trofeo), - 2º clasificado (200 € máis trofeo), - 3º clasificado (60 € máis trofeo). - Trofeo ao mellor porteiro e xogador. - Trofeo ao máximo goleador.
|