Axudas á conciliación da vida familiar e laboral Imprimir
Xoves, 19 Maio 2011 09:08

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada laboral.


O obxecto é a convocatoria de axudas económicas dirixidas a aqueles traballadores que entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011 se acolleran a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu fillo/a.

Os beneficiarios poden ser:
Homes que se acollan á redución de xornada e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas, sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social.
Familias monoparentais nas que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 18 de xuño de 2011.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.