Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras Imprimir
Martes, 31 Maio 2011 01:00

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras.


O obxecto é a convocatoria de incentivos á contratación indefinida das persoas traballadoras coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos traballadores e das traballadoras con maiores dificultades e dos incentivos á contratación temporal coa finalidade de favorecer a inserción laboral das persoas traballadoras que presentan desvantaxes e dificultades para reincorporarse ao mercado de traballo e para fomentar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a través dos seguintes programas.
a) Programa de fomento da contratación indefinida inicial.
b) Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos.
c) Programa de incentivos á contratación temporal.

Os beneficiarios son os empregadores e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de setembro de 2011 -as solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de xullo de 2010 e a data de publicación desta orde poderán presentarse no prazo dun mes a data de publicación desta orde-.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.