Requirimentos de enmenda de documentación das solicitudes presentada ao Programa Emega Imprimir
Venres, 10 Xuño 2011 12:55

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación dos requerimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 11 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións para o apoio ao emprendemento feminino (Programa Emega) e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.


A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2011, a través da Resolución do 11 de xaneiro de 2011 (DOG n.º 11, do 18.1.2011), axudas e subvencións destinadas ás mulleres emprendedoras para a creación e a mellora de proxectos empresariais; estas axudas están amparadas no réxime de axudas de minimis e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo dentro do Programa operativo FSE-Galicia 2007-2013.

A Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade, órgano encargado da instrución do procedemento, código SI429A, revisou as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución e identificou as que se presentaron sen erros e dispoñen da documentación preceptiva así como aquelas que non reúnen algún dos requisitos exixidos.

O artigo 10 da resolución de convocatoria dispón que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co establecido nos artigos 59.6 b), 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os requirimentos de emenda poderanse facer mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110609/AnuncioC3C1-300511-2389_gl.html).


Facer indicación expresa a todas as solicitantes recollidas no anexo I –solicitudes suxeitas e emenda de documentación– de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.