Axudas para a promoción do turismo cultural |
|
Luns, 13 Xuño 2011 12:39 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Axudas para a promoción do turismo cultural para o ano 2011.
O obxecto da mesma, do Ministerio de Cultura, está dirixida a proxectos dirixidos ao fomento e difusión de produtos turísticos culturais que afecten a máis dunha comunidade autónoma para cumprir as seguintes finalidades: - Fomentar e difundir España como destino turístico cultural. - Garantir a accesibilidade ao consumo turístico-cultural. - Promocionar o consumo dos recursos culturais por parte dos turistas estranxeiros que viaxan a España. - Establecer as bases estruturais para a promoción internacional do turismo. - Para a promoción da oferta museística española, artes escénicas, destinos e produtos turísticos situados entorno a grandes rutas culturais e a ampliación da imaxe turístico-cultural de España nos mercados internacionais, entre outros.
Os beneficiarios da mesma son persoas xurídicas sen ánimo de lucro e o prazo para a presentación destas solicitudes remata o 09 de xullo do 2011.
Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000. |