Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da modificación da orde de selección de entidades colaboradoras nas subvencións para promover a sociedade da información no comercio retallista.
Modifícanse os artigos 3.1 e 13.4 do anexo I da Orde do 11 de agosto de 2011 (DOG núm. 164, do 29 de agosto) pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013. – O artigo 3.1 do anexo I da referida orde queda redactado nos seguintes termos: “Artigo 3. 1. O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de outubro de 2011”. – O parágrafo primeiro do artigo 13.4 do anexo I da referida orde queda redactado nos seguintes termos: “Artigo 13.4. No prazo dun mes desde a notificación da avaliación previa positiva á entidade colaboradora, deberá realizarse a actuación subvencionable e presentar a entidade colaboradora a documentación xustificativa correspondente. En todo caso, a data límite de xustificación é o 20 de decembro de 2011”. Artigo 2. Modifícanse os artigos 5.1 e 6.6 do anexo II e o anexo V, folla 3, da Orde do 11 de agosto de 2011 (DOG núm. 164, do 29 de agosto) pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.
– O artigo 5.1 do anexo II da citada orde queda redactado nos seguintes termos: “Artigo 5. Forma e prazo de presentación das solicitudes de subvencións. 1. O prazo de presentación das solicitudes de axudas quedará aberto a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación íntegra de entidades colaboradoras, nos termos que se recollen no anexo I desta orde, e permanecerá aberto ata o 20 de decembro de 2011, ou ata que se esgote o crédito orzamentario se se produce este esgotamento en data anterior”. – O parágrafo primeiro do artigo 6.6 do anexo II da referida orde queda redactado nos seguintes termos: “Artigo 6.6. No prazo dun mes desde a notificación da avaliación previa positiva á entidade colaboradora, deberá realizarse a actuación subvencionable e presentar a entidade colaboradora a documentación xustificativa correspondente. En todo caso, a data límite de xustificación é o 20 de decembro de 2011”. – O penúltimo parágrafo do anexo V, folla 3, onde di: «en todo caso, a data límite de xustificación é o 10 de novembro de 2011”, queda redactado do seguinte xeito: «en todo caso, a data límite de xustificación é o 20 de decembro de 2011”. Artigo 3. Engádese ao anexo II da citada orde a seguinte disposición: “Disposición transitoria única. Para os efectos previstos no artigo 8 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, e cando entre en vigor o desenvolvemento regulamentario previsto no número 1 do citado artigo, será indispensable para optar a estas axudas a inscrición no Rexistro Galego de Comercio”. Ademais, dado os problemas técnicos que hai para darse de alta como entidade colaboradora amplían o prazo de solicitude ata o 14 de outubro. Por conseguinte, o prazo máximo de xustificación para os comercios remata o 20 de decembro de 2011.
Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.
|