Axudas para incentivar o turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre Imprimir
Mércores, 22 Xuño 2011 10:53

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Subvencións destinadas a incentivar o turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre.

Consideraranse investimento subvencionable as actuacións dos proxectos que se citan a seguir:
- Liña A) Investimentos para a mellora das infraestruturas para actividades hípicas, náuticas, golf e oferta turística complementaria.
- Liña B) Investimentos para a redacción de proxectos para a creación de campos de golf.
- Liña C) Investimentos para a adquisición e/ou renovación de activos fixos (bicicletas, piraguas, embarcacións, material golf, sendeirismo, centros BTT, etc.).
- Liña D) Creación de novas ofertas e novos produtos así como a implementación de novas tecnoloxías para a xestión e comercialización do produto ofertado.

As entidades beneficiarias poderán ser empresas (pemes) autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención. Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse ao remate do prazo de presentación de solicitudes.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 21 de xullo de 2011.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono  988-410000.