Corte de tráfico con motivo da 1ª Carreira-Andaina de Monte 'Pozo do Demo' Imprimir
Venres, 01 Abril 2011 10:29

O vindeiro día 3 de abril de 2011, o Concello de Verín e a Asociación de sendeirismo Ruta das Augas organizan 1ª Carreira-Andaina de Monte ‘Pozo do Demo’, que pasará polas rúas Irmáns Moreno, Espido e Manuel Taboada Cid.


Por este motivo, as rúas Irmáns Moreno, Espido e Manuel Taboada Cid, estarán cortadas ao tráfico desde as 9 ás 13.30 horas, polo que solicitamos que non se estacionen vehículos nas referidas rúas durante ese horario. Esperamos que perdoen as molestias que se poidan ocasionar polas medidas adoptadas.