Resultados da 1ª Carreira-Andaina de Monte 'Pozo do Demo' Imprimir
Martes, 05 Abril 2011 12:52

O Concello de Verín e a Asociación de sendeirismo Ruta das Augas organizou a 1ª Carreira-Andaina de Monte ‘Pozo do Demo’, conformada por catro probas con traxectos que oscilaron entre os 700 metros e 15 quilómetros. As probas realizadas, nas que participaron un total de 816 deportistas, foron as seguintes:


- Andaina. Saída e chegada no Pavillón de Deportes, a partir das 10 horas, cunha distancia de 15 quilómetros e dificultade media.

- Carreira Pequenos -nas categorías de benxamín (nados en 2002 e 2003) e alevín (2000- 2001)-. Saída e chegada no Pavillón de Deportes, ás 10.45 horas, e unha distancia de 700 metros. O vencedor foi Emilio Pazos Seoane (Mª Inmaculada) cun tempo de 02'22''.

- Carreira Escolar -nas categorías de infantil (1998-1999) e cadetes (1996-1997)-. A saída do Balneario de Cabreiroá, ás 11 horas, e unha distancia de 2.000 metros ata o Pavillón de Deportes. O vencedor foi Iván Gómez Blanco (Mª Inmaculada) cun tempo de 07'03''.

- Carreira de Adultos (Circuíto Correr en Galicia). Inclúense todos os corredores que teñan cumpridos os 18 anos o 1 de setembro de 2010. Tivéronse en conta as seguintes sub-categorías para repartir premios: Xuvenil (94-95), Xunior (92-93), Promesa (89-90-91), Senior (1988 e anteriores ata veterano), Veterano/a (dende o día que cumpran 35 anos), Superveterano/a (dende o día que cumpran 46 anos en adiante). A saída no Balneario de Cabreiroá, ás 11.30 horas, e a chegada no Pavillón de Deportes. De 11 quilómetros de distancia e dificultade media. O vencedor foi Elpidio Gómez Sousa (Club ADAS O Barco) cun tempo de 42'31'' (Clasificación aquí).

Na 1ª Carreira-Andaina de Monte ‘Pozo do Demo’ colaboran Saudeter, Cruz Vermella, Protección Civil de Verín, BTT Verín, Cadena COPE, Onda Cero e ATV Os Trotamontes. E está patrocinada por Augas de Cabreiroá, Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), Eurocidade Chaves-Verín, Denominación de Orixe de Monterrei, Gadisa, HortoVerín S.L., Multisport Verín e Hi-Tec.