Artígo 1º.- FUNDAMENTO E NATUREZA. 1.- De conformidade co que prevé o artigo 58 en relación co artigo 20.3 g), ambos da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, segundo a modificación que establece o artigo 66 da Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxasestatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais e de carácter público, este concello establece a taxa por utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais do dominio público local por "ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valados, puntais, soportes, andamios e outras instalacións análogas", que se regulará pola presente Ordenanza, que se redactou conforme ó que dispón o artigo 16 da devandita Lei 39/88. Artigo 2º.- Feito impoñible. 1.- Constitúe o feito impoñible deste tributo, a ocupación de terreos de uso público local con: a) Cascallos, terras, areas, materiais de construcción, mercadorías ou calquera outro material análogo. b) Valados, andamios e outras instalacións adecuadas para protección da vía pública das obras colindantes. c) Puntais, soportes, e en xeral toda clase de apeos de edificios. d) Guindastre en vía pública. 2.- Cando con ocasión dos aproveitamentos que regula esta ordenanza, se produxesen danos no pavimento, instalacións da vía pública ou bens de uso público, os titulares daqueles repararán ou reconstruirán os danos que se causaran con independencia do pagamento da taxa. Se os danos fosen irreparables, indemnizarase ó concello. A indemnización fixarase nunha suma igual ó valor das cousas que se destruíran. Artigo 3º.- Obriga de contribuír. A obriga de contribuír nacerá coa ocupación do dominio público local, autorizada na correspondente licencia ou dende que se inicie o aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización. Artigo 4º.- Suxeitos pasivos. Serán suxeitos pasivos desta taxa os contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 33 da lei xeral tributaria, a quen se autorice para efectuar o aproveitamento especial do dominio público local. Artigo 5º.- Base impoñible e liquidable. A base constitúea o tempo de duración dos aproveitamentos e a superficie en metros cadrados que ocupen os valados, mercadorías, materiais de construcción, cascallos e guindastre; os metros lineais dos andamios e o número de puntais e demais elementos que se empreguen no apeo de edificios. Artigo 6º.- Categoría rúas. 1.- Para os efectos da aplicación do apartado D) da tarifa, as vías públicas deste municipio clasifícanse en catro categorías. 2.- Anexo a esta ordenanza figura un índice alfabético das vías públicas deste municipio con expresión da categoría que corresponde a cada unha delas. Artigo 7º.- Cota tributaria. 1.- A contía da taxa que regula esta ordenanza será a que se fixa na tarifa seguinte: CONCEPTOS CATEGORIA UNIDADE PTAS/DIA PTAS/ANO RUAS DE DEBEDA ------------------------------------------------------------ 1.- Valados 1ª m2 ou fracción 25 4 806 2ª m2 ou fracción 18 3 578 3ª m2 ou fracción 12 2 515 4ª m2 ou fracción 7 1 318 2.- Andamios 1ª m lineal ou fracción 42 8 318 2ª m lineal ou fracción 31 6 238 3ª m lineal ou fracción 21 4 159 4ª m lineal ou fracción 10 2 079 3.- Puntais 1ª por elemento 28 5 545 2ª por elemento 21 4 159 3ª por elemento 13 2 773 4ª por elemento 7 1 318 4.- Soportes 1ª m lineal ou fracción 28 5 545 2ª m lineal ou fracción 21 4 159 3ª m lineal ou fracción 13 2 773 4ª m lineal ou fracción 7 1 318 5.- Mercadorias 1º m2 ou fracción 25 4 806 2ª m2 ou fracción 18 3 578 3ª m2 ou fracción 12 2 515 4ª m2 ou fracción 7 1 318 6.- Materiais de 1ª m2 ou fracción 34 6 931 construcción e 2ª m2 ou fracción 26 5 101 cascallos 3ª m2 ou fracción 18 3 466 4ª m2 ou fracción 9 1 730 7.- Guindastre en vía pública. Por trimestre en toda clase de rúas 27 725 ptas.
Artigo 8º.- Responsables. 1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria. Artigo 9ª.- Obriga do pagamento. 1.- A obriga do pagamento da taxa que regula esta ordenanza nace no momento de solicitar a correspondente licencia. 2.- O pagamento da taxa realizarase por aboamento directo na Tesourería municipal ou onde establecese o concello, pero sempre antes de retirar a licencia ou documento que corresponda. Artigo 10º.- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables. Non se recoñece ningún beneficio tributario, salvo os que sexan consecuencia do que establecen os tratados ou acordos internacionais ou os que prevén as normas con rango de lei. Artigo 11º.- Infraccións e sancións tributarias. En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do que prevé esta ordenanza, estarase ó que dispoñen os arts. 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable. DISPOSICION DERRADEIRA O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior que aprobou o Pleno en sesión de data 25.11.1999 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguinte da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas. ANEXO INDICE ALFABETICO DE VIAS PUBLICAS
O promedio do valor do mercado da utilidade que se deriva pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, de acordo co informe do aparellador municipal, é o seguinte:
O alcalde O secretario DILIXENCIA: Para facer constar que o texto da presente Ordenanza publicóuse íntegramente no B.O.P. núm. 55 con data do 8 de marzo do 2000. O secretario,
|